Velaí tedes a teoría sobre os grupos consonánticos: BL/BR - PL/PR - FL/FR.
Descarga:
https://drive.google.com/file/d/1Om_H3vt3GOSP-UJvZog2oip4x1if4ikC/view?usp=sharing
Velaí tedes a teoría sobre os grupos consonánticos: BL/BR - PL/PR - FL/FR.
Descarga:
https://drive.google.com/file/d/1Om_H3vt3GOSP-UJvZog2oip4x1if4ikC/view?usp=sharing
Nestoutro documento que vos adxuntamos imos practicar a tradución, un repaso dos substantivos invariables e a formación do grao comparativo.
DESCARGAR DOCUMENTO:
https://drive.google.com/file/d/1pLQxf9i83L7QenNhSaYmHQ_c2e2_Hc7a/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1uuNKEBIMra2URtRluPp7HslorN9kWOuo/view?usp=drivesdk
CONXUNCIÓNS COMPARATIVAS | ANTE PRONOME | ANTE VERBO | RESTO DE CASOS |
Igualdade | coma | como | coma / como |
Superioridade e inferioridade | ca | do que | ca / que |
É a categoría gramatical que indica as calidades do substantivo. É coma o colorante do substantivo, xa que é o que lle aporta “sabor”. O adxectivo aporta información de tamaño, forma, cor… Distinguimos dous tipos de adxectivos:
a) Epítetos ou explicativo. Son os adxectivos que indican unha calidade propia do substantivo que modifican. Ex.: verde herba, sangue vermello, neve branca…
b) Especificativos. Son os adxectivos que indican unha calidade que axuda a individualizar o substantivo que modifican. Ex.: casa grande, casa pequena, rapaz loiro, rapaz moreno…
O adxectivo presenta tres graos para intensificar en maior ou menor medida, ou ben para comparar a calidade do substantivo.
Así, falamos de:
a) Grao positivo. Indica a calidade do substantivo. Ex.: neno loiro.
b) Grao comparativo. Dentro desta modalidade distinguimos entre comparativo de igualdade: compara a calidade do substantivo. Por exemplo: o neno é loiro coma min; de inferioridade: o neno é menos loiro ca min; de superioridade: o neno é máis loiro ca min.
c) Grao superlativo. Intensifica a calidade do substantivo. Por exemplo: o neno listísimo; o neno é moi listo.
Lembra que o superlativo podemos clasificalo neste sentido en superlativo absoluto ou en superlativo relativo. Vexamos un exemplo: María é a rapaza máis alta da clase; María é moi alta. No primeiro caso, dicimos que María posúe a calidade da máxima altura sobre o resto dos seus compañeiros, namentres que no segundo caso, resaltamos unha calidade de María. No primeiro caso falamos dun superlativo relativo: máis alta; no segundo caso, pola contra falamos dun relativo absoluto: moi alta/altísima.